A semana do 18 ao 24 de Outubro, 24 alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de Ciencias, acompañados polas profesoras de Bioloxía , estivemos de ruta científica polas illas Canarias. En Gran Canaria visitamos o instituto canario de Ciencias Mariñas, onde nos contaron o proxecto no que traballan para a recuperación e conservación de tartarugas mariñas, os cultivos de peixes, a construción de boias oceanográficas, etc. No instituto Tecnolóxico de Canarias explicáronos os traballos de investigación en relación coas enerxías renovables, análise ambiental, produción de hidróxeno, cultivos de microalgas,etc. Percorremos museos onde puidemos participar en experiencias coas leis e principios que rexen a Natureza e o Universo. Nun planetario proxectaron una película moi interesante sobre a orixe do Universo e do Sistema Solar e sobre a evolución dos seres vivos. En Tenerife percorrimos un bosque de laurisilva; fomos ó Observatorio astronómico do Teide, onde nos ensinaron como funcionan os telescopios e puidemos comprobar a importancia que a Astronomía ten para o ser humano. Coñecemos o ecosistema volcánico do Teide,unha paisaxe espectacular con coladas basálticas, malpaíses, diques volcánicos,volcáns,etc Para rematar, foi unha experiencia moi enriquecedora na que tivemos oportunidade de coñecer outros lugares moi distintos ao noso entorno, unha oportunidade para comprobar a importancia que as ciencias teñen para a sociedade. Ao mesmo tempo, divertímonos moito, durmimos pouco e fixemos novos amigos.
Posteado por: CM | 1 diciembre 2009
Viaje científico a las Islas Canarias
Natalia Fernández .
Advertisement
Escrito en actividades, excursiones